Moi Boas;
Vou a presentarme:
Chamome Manuel e son Educador Social en Vigo
Ti preguntaraste... "un educador social é graduado social? ou Asistente Social?"
Pois a resposta e NON e NON
Somos uns técnicos que aló por 1993 creouse a carreira universitaria, coma unha diplomatura. A intención era dar un marco académico a aquelas iniciativas informais que se levavan facendo dende distintas organizacions e entidades sociais (Voluntariado, Educadores de Rúa, Asociacions...etc)
Tratabase de intentar crear un corpo do saber onde recoller intervencións educativas fora das escolas, e nas últimas décadas algunhas dentro das escolas.
Podemos ser un complemento a educación e formación, que tradicionalmente entendemos, aportando novas ferramentas e puntos de vista.
Podemos traballar con distintos tipos de colectivos e profesionais. Eu por exemplo decanteime por traballar con persoas adultas en risco de exclusión social.
Considero que son un profesional da intervención socio educativa, que cree profundamente que a educación e a formación pode cambiar a sociedad e por ilo as vidas das persoas.
En 2014 virei radicalmente a miña traxectoria profesional e centrarme profesionalmente nunha ámbito onde viña realizando accións de voluntariado e animación socio cultural distinta índole.
Retomei a miña etapa universitaria pasados os 30 anos, máis maduro e decido complemtamente no ámbito onde graduarme.
Este período de estudios, combineino con períodos de prácticas en distintas entidades sociais de Vigo. Que permitiume desenvolver habilidades adquiridas nos estudos, e adquirir outras.
Esta
experiencia permitiume crear unha acción formativa chamada "Kit de
Bienvenida" que trataba de dotar de ferramentas básicas de inclusión as
persoas extranxeiras que viñan a nosa comunidade.
Esta acción formativa tivo certo éxito de convocatoria (unhas 200 persoas) en distintas edicións, que foron recollidos por medios de comunicación.
A formación universitaria completeina con formación para o emprego como é o certificado de profesionalidade de docencia, e outras accións formativas para mellorar o meu perfil profesional.
Actualmente traballo nunha ong en Vigo, chamada Asociación Diversidades na que traballamos pola inclusión das persoas en risco de exclusión social. As miñas tarefas son de docente, orientador e técnico de proxectos.
As miñas imaxes solicitadas:
Entrada a unha web o blog que consulte con regularidade: Enlace
Un video de musica que me guste:




Comentarios
Publicar un comentario