Once
anos despóis do inicio da crise aquí estamos, algúns opinan que
entramos nunha nova e outros que aínda non saímos… pero o certo é
podemos dala por rematada, eso sí, deixounos algunhas pegadas: os
niveis de renda son inferiores á antes da crise e o emprego actual é
de menor calidade.
Os
datos obtidos están directamente relacionados coa formación da
poboación en estado de traballar, e amósannos que o 40,8% da
poboación activa ten Estudos Superiores fronte ó 31,9% de activos
cos mesmos estudos no ano 2007.
España
ten unha elevada porcentaxe de Titulados superiores polo que estamos
a pasiño de acadar o Obxetivo
de Europa 2020 que
é que o número de persoas entre 30 e 34 anos con podemos afirmar
que a maior formación menor risco de desemprego, independentemente
do ciclo económico no que nos atopemos. Logo, atopamos que hai unha
relación inversa entre a formación superior e o risco de
desemprego.
Segundo
os datos do INE 2019 a formación inflúe directamente sobre dúas
variables:
- Probabilidade dun desempregado de atopar emprego
- Cursos de reciclaxe profesional
De
maneira que a poboación con niveis elevados de formación ten catro
veces máis oportunidades de encontrar traballo e isto ten moito que
ver co feito de que nun 27% fórmanse continuamente fronte ó 14-15%
de niveis formativos medios e baixos.
Se
revisamos as cifras do INE do 3º trimestre do 2019 podemos apreciar
que as tasas de paro por tramos de idade das persoas con formación
media e alta son bastante inferiores ás da poboación con nivel
baixo:
A perspectiva de xénero.
Se
engadimos datos sobre as diferenzas entre homes e mullleres entramos,
de súpeto, na igualdade, nos estereotipos de xénero e nos roles
estereotipados da nosa sociedade.
Para
non extendernos en demasía vouvos plantexar unhas reflexións:
- ¿Qué é para ti a igualdade?
- ¿Están as empresas preparadas para afrontalo cambio real necesario para garantir igualdade laboral?
- ¿Somos conscientes do impacto da brecha salarial ou do teito de cristal?
Pensade
nas respostas e no próximo
artigo
afondaremos neste tema de cheo.
Conclusións:
- A formación aumenta a empregabilidade das persoas en xeral.
- Mellora do emprego xuvenil como consecuencia da maior formación, tanto regrada como ocupacional.
- É indispensable a reciclaxe mediante cursos, tanto para traballadores activos coma desempregados.
Para saber máis:
- Emprego xoven: http://bit.ly/34zKAsa
- Emprego, formación e diversidade: http://bit.ly/2JQ3suU
- Formación para o emprego: http://bit.ly/32h8HKn
Webgrafía:


Comentarios
Publicar un comentario