Ir al contenido principal

A CARTA DE PRESENTACIÓN

¿QUÉ É UNHA CARTA DE PRESENTACIÓN?
Unha carta de presentación é un documento que sirve para darse a coñecer á persoa encargada da recrutación ou da selección. Este documento ten como principal obxectivo diferenciarse e que o recrutador valore a candidatura da persoa cunha predisposición positiva, buscando sempre diferenciarnos da multitude de candidatos que hai para ocupar ese posto de traballo que tanto desexamos.
A carta de presentación debe servir como complemento ao currículo. É importante utilizalo para demostrar que se ten un interese real en pasar a formar parte da empresa en cuestión, amosando un lado máis humano e menos rigoroso que no currículo.

LINGUAXE

Á hora de redactar nosa carta de presentación debemos coidar nosa ortografía. É fundamental utilizar unha linguaxe formal e educada, así como comunicarse con empatía coa persoa encargada da selección. En definitiva, o ideal é expresarse con proximidade pero sempre sendo correctos e respectuosos.
Por outro lado, non debemos de esquecer que o recrutador busca a alguén que lle cause algún tipo de impresión positiva. Polo tanto é importante mostrar paixón e ilusión polo posto de traballo ao que te candidatas. Un bo método para lograr isto é o de empregar algún verbo de acción que implique algún compoñente emocional, por exemplo: “encantaríame poder ter unha reunión para falar con máis detalle...”, en lugar de “estaría disposto a asistir a unha entrevista”.

ESTRUTURA

Non todas as cartas de presentación teñen que ter a mesma estrutura, non obstante, a continuación vou recoller a que eu considero máis útil á hora de elaborar un documento de este tipo. Agora ben, cabe destacar que cada un dos apartados que se recollen a continuación non teñen por que ir separados en diferentes apartados. A estrutura que propoño é a seguinte:
  1. Saúdo. Un saúdo sinxelo. Si coñeces o nome da persoa encargada de xestionar o proceso é recomendable incluílo no saúdo.
  2. Presentación do candidato. Di quen es de forma moi resumida.
  3. Especificación do posto de traballo para o que se postula a persoa candidata. Delimita o posto de traballo que te gustaría ocupar dentro da empresa. No caso de non querer especificar un único posto de traballo por posuír capacidades e habilidades para ocupar máis dun posto, especifica o departamento no que che gustaría traballar.
  4. Interese en traballar nesa empresa. Co obxectivo de demostrar interese que tes en traballar nesa empresa, debes especificar os motivos que che levan a enviar a túa candidatura para traballar nela. Para isto é recomendable facer unha busca de información previa relativa á empresa, coa finalidade de ter algunhas nocións sobre os seus obxectivos, o seu funcionamento, os seus valores etc. Por este motivo debes evitar cartas de presentación xenéricas para todas as empresas; o ideal é que cada carta de presentación sexa específica para cada empresa.
  5. Proposta de valor. Esta parte constitúe o corpo da carta. Aquí debes indicar que é o que podes aportarlle á empresa, é dicir, darlle motivos polos que á empresa lle pode interesar contratarte. Consiste en facer un exercicio de autocoñecemento no que debemos relacionar nosas calidades, intereses e/ou experiencias relevantes có posto de traballo ao que pretendemos acceder. En caso de dispoñer dalgunha referencia ou recomendación dalgún particular, este tamén é o lugar para incluíla.
  6. Chamada á acción. Invita a manter un contacto real. É recomendable empregar unha frase sinxela, na que se note que realmente temos interese en ter un novo contacto coa persoa para que te poida coñecer con maior profundidade. Un exemplo podería ser: “Encantaríame poder reunirme con vostede para poder aclararlle calquera cuestión”.
  7. Agradecemento. Agradece á persoa destinataria da túa carta a súa dedicación por deterse a ler a túa candidatura.
  8. Despedida. Engade unha despedida clara e concisa. Por exemplo: “Un saúdo e boas tardes”.
  9. Firma. Na firma se inclúen datos que faciliten a identificación do candidato. Por norma xeral se recollen o nome e apelido/s e os datos de contacto (correo electrónico, número de teléfono e/ou o enlace do teu perfil do Linkedin). 

TIPOS DE CARTA DE PRESENTACIÓN

  • En resposta a unha oferta de emprego publicada: este tipo de cartas de presentación adoitan ser máis fáciles de redactar, porque a persoa que envía a súa candidatura xa sabe o que a empresa busca.
  • De autocandidatura ou espontánea: este tipo de cartas de presentación redáctanse cando a empresa na que nos interesa traballar non ten publicada ningunha oferta de emprego adecuada a túas características. Son unha oportunidade para que a persoa candidata demostre que ten un alto nivel de iniciativa. Neste tipo de cartas é importante transmitirlle á empresa que é aquilo que te chama a atención para traballar nela, polo que é importante ter certa noción sobre os obxectivos, os valores e demais características da empresa.


EXEMPLOS DE CARTAS DE PRESENTACIÓN

Na páxina web do "Gabinete de Iniciativas para el Empleo" podemos atopar algúns exemplos de cartas de presentación: PREME AQUÍ


OUTROS ASPECTOS A TER EN CONTA

  • Unha carta de presentación debe ser breve e baixo ningún concepto debe superar unha páxina de extensión.
  • Na actualidade o medio máis utilizado para enviar os currículos e as cartas de presentación é o correo electrónico. É indiferente enviar a carta de presentación como documento adxunto ou no corpo da propia mensaxe (neste caso é recomendable que a extensión da carta non exceda as dez liñas).
  • O tipo de letra é recomendable que sexa o mesmo que o do currículo que se remite.
  • Gran parte dos profesionais de recursos humanos aseguran que os martes, os mércores e os xoves son os mellores días para enviar nosa carta de presentación e noso currículo. Isto é porque os luns adoitan acumularse un maior número de correos entrantes, e os venres se lle presta menor atención a este tipo de correos.
  • Por outro lado, a maioría de profesionais coinciden en que as mellores horas do día para enviar este tipo de documentos son entre as 10:00 e as 13:00 horas.

APORTACIÓNS EXTRA


Tamén deixo por aquí un vídeo no que María Luisa Moreno Cobián expón uns consellos moi útiles á hora de redactar unha carta de presentación:

AGRADECEMENTOS

Por último, quero agradecer a oportunidade que me brinda o Grupo 11 do #POLAB19 de poder publicar este artigo no seu blogue. Moitas grazas compañeiros!

Comentarios

Entradas populares de este blog

OBRADOIROS DE EMPREGO

En los próximos días tienen previsto su inicio varios Talleres de Empleo o como son conocidos en nuestra Comunidad los Obradoiros de Emprego.    Con este artículo quiero acercaros a esta modalidad como una de las posibilidades de mejorar la inserción en el mercado laboral, mediante la realización de una actividad formativa basada en un  Certificado de Profesionalidad  Logo de los Obradoiros de emprego ¿En que consiste un Obradoiro de Emprego?  Los talleres de empleo y las escuelas taller son programas mixtos destinados a la mejora de la empleabilidad de las personas desempleadas. Alternan la formación para el empleo al mismo tiempo que desarrollan un trabajo productivo en actividades de utilidad pública o de interés social. La diferencia entre unos y otros puede varia en función de la edad de las personas participantes o de otros requisitos específicos que vienen marcados por cada convocatoria. Si quieres participar en alguno de lo...

LAS VENTAJAS DE LOS EQUIPOS MIXTOS EN EL ENTORNO LABORAL

En mi experiencia profesional en un sector feminizado como el de la intervención social ha supuesto un reto siendo un hombre. Por ello no quiero infravalorar la desigualdad que sufren las mujeres en los distintos sectores profesionales. Es por ello que quiero recoger una serie de ideas sobre los equipos mixtos en los entornos laborales. Los equipos mixtos permite tener un mayor amplitud de miras en el trabajo, incluyendo las distintas perspectivas. Yo hago el símil como un equipo de profesionales de distintos sectores que permite aportar las distintas competencias a distintas titulaciones. Los equipos mixtos permiten aprender de unas y de otros, llegar a puntos de acuerdo y un aprendizaje mutuo. Este tipo de equipos permite ofrecer una imagen moderna a las empresas ante sus clientes que pueden ser hombres y mujeres. Independientemente del genero en el entorno laboral se trata de colaborar y no de competir en la excelencia en el trabajo. Esta pequeña reflexión ...

LAS PREGUNTAS COMO HOJA DE RUTA EN LA BÚSQUEDA DE EMPLEO

 Las preguntas como hoja de ruta en la búsqueda de empleo Una vez escuché que cuando te planteas siempre las mismas preguntas, generas, inevitablemente, las mismas respuestas. El poder de plantearte tú mismo una nueva pregunta y abierta genera el espacio para que surjan de ti nuevas respuestas, nuevos caminos, otras alternativas.  La situación de estar en búsqueda de empleo genera mucha incertidumbre, tensión, desasosiego...vamos, que tenemos que cuidarnos porque no es una situación fácil. Más aún, porque en la mayoría de los casos es un proceso que pasamos en soledad. Nosotros y nuestros pensamientos.  En determinados momentos en los que sentimos que no hay salida, que estamos atrapados, que no sabemos qué mas hacer para encontrar un empleo. En esos momentos, es donde una buena pregunta puede servirte como un salvavidas para salir del atolladero. Cómo por ejemplo, pararte, dejar el discurso que estás emitiendo y plantearte "¿Qué otra cosa puedo hacer y no he...