Ir al contenido principal

A ORIENTACIÓN LABORAL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO


Introdución

O pasado 28 de setembro de 2019 gozamos da 6ª sesión presencial do Posgrado de Especialización en Orientación Laboral 2019 #POLAB19. Esta sesión leva o titulo “Orientación para a Igualdade e a Inclusión Sociolaboral”.

O relatorio estivo composto de dous bloques:
  • Conceptos xenéricos da igualdade de oportunidades, e elementos que conflúen na igualdade de oportunidades.
  • Traballo práctico grupal onde se traballaron os prexuízos e os sesgos na selección de persoal tomando como base unha curtametraxe.

Obxectivos da sesión

  • Coñecer os elementos na Igualdade de Oportunidades
  • Promover o deseño, programación e posta en marcha de iniciativas de Orientación Laboral con perspectivas de xénero.
  • O labor dos equipos de orientación laboral aplicando a transversalidade da perspectiva de xénero en cada un dos seus elementos.
  • Aplicación de instrumentos de traballo con perspectiva de xénero na OL.

Parte teórica

A xornada comezou coa presentación da oradora Dna. Margot Valcarce, docente da Facultade de Ciencias da Educación da USC, cunha experiencia de máis de 30 anos no campo da educación, igualdade e perspectiva de xénero.

Continuou cunha exposición dos conceptos básicos na igualdade de oportunidades a través dos inicios da teoría feminista, facendo fincapé nas tres principais bases da teoría:
  • A estrutura de poder como é o xénero e a sua visibilización
  • O machismo, como usa o seu poder en todos os ámbitos da vida (público e privado)
  • A discriminación baseada en mecanismos ideolóxicos e estruturais.
O relatorio continuou coa definición crítica que denuncia a teoría feminista sobre a orde social e como as súas aportacións supoñen unha reconsiderción das estruturas e poden lograr unha transformación da sociedade.

A sesión continuou coa definición de distintos conceptos unidos a igualdades de oportunidades tales como machismo, feminismos e hembrismo.

A continuación fíxose un repaso á historia da igualdade de oportunidades a través das distintas Olas feministas (catro) que son un proceso en continua evolución non lineal.

Recalcouse o papel de Olympe de Gouges como autora da Declaración dos dereitos da Muller e da Cidadanía en 1791, supoñendo un fito histórico anterior ao século XX.


Elaboración propia.


A sesión desenvolveu a continuación os conceptos básicos como son as diferenzas entre xénero, sexo, procesos de socialización, os axentes de socialización (familia, escola, medios comunicación) e outros.

A relatora abordou tamén os ámbitos que se asignan a ambos xéneros, o privado ao mundo feminino e o público ao ámbito masculino que aplica a sociedade. Esta asignación permite a continuidade de estruturas de desigualdade entre ambos xéneros. Un claro exemplo que se indica na sesión e a invisibilidade das mulleres no mundo da ciencia.

Parte práctica

Tras o merecido descanso e café, retomóuse a sesión coa aplicación da dinámica. Tratábase de identificar unha serie de conceptos despois de  visualizar a curtametraxe “Recursos Humanos” do certame NOTODOFILMFEST.




A pesar de certas dificultades técnicas que lograron solventarse, logrouse iniciar a actividade práctica grupal.

As instrucións do exercicio eran tratar de identificar os estereotipos, condutas, sesgos e prexuízos que poden desenvolverse nos proceso de selección e como aplicar a perspectiva de xénero a eles.

Tras o traballo grupal, realizóuse unha achega do grupo enteiro de alumnado, con opinións dos distintos grupos da súa aplicación a OL, e vimos como os sesgos e prexuízos afectan as mulleres nestes procesos de selección. Os mais destacados:
  • O empoderamento das mulleres como ferramenta fundamental para reducir os prexuízos e sesgos polo xénero que surxen nos procesos de selección.
  • As ferramentas que permiten as mulleres aplicar de xeito autónomo ante a socialización diferencial e asignación de certos labores segundo o xénero.
  • A presenza das mulleres en postos de decisión dentro das estruturas empresariais.
  • As medidas positivas para favorecer o acceso das mulleres a postos de responsabilidade se teñen o perfil adecuado e loitar contra o teito de cristal.
  • A sensibilización na igualdade de oportunidade en distintos eidos (no so o educativo) e especial nos ámbitos empresarias.
  • A mellora da labor das persoas en OL.

Hai que destacar o papel das persoas técnicas OL na perspectiva de xénero, para que non reproduzan prexuízos e sesgos como fai a maioría da sociedade. Poñer en marcha iniciativas que permitirán obter emprego sen reproducir roles desigualitarios.

CONCLUSIÓNS

Como persoal técnico na OL sabemos que a perspectiva de xénero será un elemento que traballaremos en todos os eidos da nosa vida laboral e persoal. Considerando que non é un elemento disruptivo que trate de quitar “poder” a unha parte da poboación para entregalo a outra, se non máis ven un elemento de evolución como sociedade que enriquece a todas as membras.

Ao ser un valor transversal estará presente en todos os eidos da vida das persoas. É importante que como persoal técnico non reproduzamos estereotipos na nosa labor profesional e persoal. E a nosa aposta por mellorar a sociedade dun xeito democrático, xustiza social e igualdade.

É un valor que suma e non resta e permite unha cidadanía participativa, unha construción dunha sociedade equilibrada que permita coñecer as discriminacións laborais, os elementos que conflúen e reconverter a situación para que todas as persoas orientadas participen no mercado laboral de xeito igualitario.

Destacar que a labor das persoas técnicas en OL inclúen medidas como a sensibilización, a formación e a aplicación de estratexias de igualdade de oportunidades nas intervencións que se fagan que permitirán a creación dunha sociedade máis xunta, equilibrada e democrática.

Para rematar facemos unha compilación dos chíos máis interesantes que as compañeiras e compañeiros do curso compartiron durante a sesión.


Para saber máis:

Licencia de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza de Creative Commons Recoñeceminto-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LAS VENTAJAS DE LOS EQUIPOS MIXTOS EN EL ENTORNO LABORAL

En mi experiencia profesional en un sector feminizado como el de la intervención social ha supuesto un reto siendo un hombre. Por ello no quiero infravalorar la desigualdad que sufren las mujeres en los distintos sectores profesionales. Es por ello que quiero recoger una serie de ideas sobre los equipos mixtos en los entornos laborales. Los equipos mixtos permite tener un mayor amplitud de miras en el trabajo, incluyendo las distintas perspectivas. Yo hago el símil como un equipo de profesionales de distintos sectores que permite aportar las distintas competencias a distintas titulaciones. Los equipos mixtos permiten aprender de unas y de otros, llegar a puntos de acuerdo y un aprendizaje mutuo. Este tipo de equipos permite ofrecer una imagen moderna a las empresas ante sus clientes que pueden ser hombres y mujeres. Independientemente del genero en el entorno laboral se trata de colaborar y no de competir en la excelencia en el trabajo. Esta pequeña reflexión ...

NO ES PAÍS PARA MUJERES TRANS

NO ES PAÍS PARA  MUJERES TRANS. Raquel C. Ferreira. Noviembre 3, 2019 El acceso al empleo en estos momentos en nuestro estado no es tarea sencilla, pero siempre hay contextos que la dificultan más. Podemos nombrar varios, el primer empleo, si no se tiene experiencia, superar los 50 (una edad en que ni siquiera la amplia experiencia facilita esta tarea). Pero si estos grupos anteriormente mencionados cuentan con grandes dificultades para entrar en el mundo laboral, existen colectivos en los que se vuelve una odisea casi imposible de capear. Podríamos citar a las personas con discapacidad, inmigrantes, mujeres, trans, etc, resaltando que puede y existe interseccionalidad entre ellas, ya que no son excluyentes unas de otras. En este artículo hemos decidido centrarnos en uno de los colectivos más vulnerables ya que la discriminación social e institucional que sufren, son los motivos reales de esa vulnerabilidad ante los abusos, injusticias y la den...

HOLA, SOY CRISTINA

Mis intereses profesionales actuales, están centrados en la orientación laboral, que es a lo que me quiero dedicar. Mi última dedicación fue como formador Decidí hacer este curso de postgrado porque me parce interesante y práctico para formarme y aprender, con el fin de poder desarrollar la labor de orientador laboral en un futuro próximo. Esta es mi nube de intereses. Como puedes ver la palabra que destaca sobre las demás es: RESPONSABILIDAD :   https://www.significados.com/responsabilidad/ Nuca dejo que termine el día sin escuchar a: :